Publicidad:
Terra
La Coctelera

De como me fixeches manter a ilusion na faculdade e o seu remate

Unha terraza.Chapas, raiaduras e osiños, tres das miñas cousas preferidas ¿como acertaches?.Nubes marabillosas de fumes de abstracción mentres as raiolas nos aloumiñan aos poucos, falando do qeu a de vir e do que xa pasou. Palabras sobre papeis que algún día se perderán no fondo dalgún caixón de deus sabe qeu parte do mundo. Castelao e as súas verbas voan lonxe, se cadra ao mesmo caixon que as miñas palabras, grande honra sen dúbida. Présas. O champion. Bonitos detalles de axudar a carrexar. Bolsas cheas de elixires dos que máis nos achegaron nas longas noites de Compostela. ¿Outra caña? Se ti mo pides, ha de ser. Chega o fin. NUNCA MAIS, algo do que che ensinei. Galiza éche outra cousa meu rei, dicía mentres me ollabas cos teus ollos sen ollos. Apertas, fortes, coma poucas, das mellores, das de que te "quero"(igual é moito dicir).Chuchos. Un, dous, tres. ¿Deica outra?

PORQUE SI. PORQUE NON.PORQUE SE CADRA

Porque ti non es como os demais. Ti es, non só pareces. Porque con cada pequena cousa me fas sorrir. Porque tódalas mañás o chegar mirasme e saúdas. Porque sempre tes esa cariña que che fai especial. Porque con cada mirada que me dedicas vexo o neno que ainda levas dentro. Porque hoxe souben que ese neno tivo que medrar antes do que quixera. Porque eu sigo sendo tan nena. Porque só nós quedan dez días. Porque mañá comeza a conta atrás. Porque ogallá comezase a conta adiante. Porque cada vez que me chamaches preguntaches como estaba e día de hoxe non hai moita xente qeu saiba facelo. Porque quero coñecerte, máis cada día. Porque quero falarche, máis cada día. Porque me gustaría sentirte, máis cada día. Porque sí. Porque non. Porque se cadra. E sobre todo PORQUE SEI QUE ENDEXAMAIS LERÁS ISTO!